sábado, 2 de febrero de 2008

E Zapatero bicou a Carmen...




Onte, o socialismo en Ourense viviu unha tarde inesquecible coa visita de Zapatero.

A imaxe fala por si mesma. Un pabillón dos Remedios cheo a rebosar (5.000 persoas, segundo a organización). E os que non se ven, porque foron moit
os os que, ainda que chovía ( e como...), se achegaron os Remedios,e quedaron fora.

Como xa coñeceredes todo o que se dixo onte (para eso están a televisión, a radio e os periódicos), gustaríame falar de un
pequeno detalle do Presidente.

Xusto detrás de min estaba sentada Carmen, a militante mais veterana e máis apaixoada de toda a provincia. Estaba chea de ledicia porque, despois de todas as presas e nervios, o mitin prometía ser un éxito rotundo. Mentras esperabamos a que comezase, pediume que lle dese un bico o Presi da súa parte. Pouco pensaba a miña Carmen que, non mo
itos minutos máis tarde, ía ser ela mesma quen llo dera. Penso que Zapatero se saltou o protocolo porque sabía que así lle recargaba as pilas a persoa que máis pelexou, pelexa e pelexará para conseguir o voto socialista por estas terras. Eche un tipo listo o Zapatero! O certo é que, despois do bico, sinto un pouco de medo... a ver como lle seguimos o ritmo a Carmen esta campaña!!!

Xa para rematar, so me queda formular un desexo... que toda a emoción que se sentiu onte nos Remedios, se traduza en votos o 9 de marzo. Quedanos por diante un longo camiño.




No hay comentarios: