miércoles, 27 de febrero de 2008

sábado, 23 de febrero de 2008

Xa estamos de campaña!!

En primeiro lugar, desculpade a miña ausencia. A gripe sentoume no banquiño uns cantos días, pero xa estou aqui de novo.

O pasado venres, as 0:00 horas deu comezo a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis, ainda que sin escoba e caldeiro...

E dende entón, levo a correr dun lado para outro: inauguración da carpa do Paseo, visita a Praza de Abastos con Alberto e Miguel, comida coa Ministra Elena Espinosa, os meus primeiros mítines (...Chispas!!!).

E, para rematar, aqui vos deixo a reflexión de hoxe do sempre xenial Forges


sábado, 16 de febrero de 2008

Rajoy "el Socialista"

Non sei se veriades a entrevista que lle fixo Buenafuente a Mariano Rajoy. Ós que non a vistes, recoméndovos que lle botedes unha ollada (en youtube, por exemplo) porque ten momentos memorables.

Di Mariano que "el señor Rodríguez Zapatero y el Socialismo no tienen nada que ver ...no defiende los postulados del Socialismo clásico, los he defendido yo: la Nación de ciudadanos libres e iguales... ".

Sin palabras.


domingo, 10 de febrero de 2008

¿Y quién es él?


Admítense apostas...

sábado, 9 de febrero de 2008

viernes, 8 de febrero de 2008

Títeres

Aqui vos deixo a columna de Millás no diario el País de hoxe. Reflexión interesante

"El ventrílocuo y su muñeco son enemigos porque compiten por los mismos aplausos. No se trata, pese a las apariencias, de una relación fácil. Hay temporadas en las que el muñeco es más listo que su dueño, más brillante también, más ingenioso, más agudo, más veloz en las réplicas. Por decirlo rápido, hay temporadas en las que el muñeco es el ventrílocuo. Quizá el Vaticano naciera como una suerte de muñeco de Dios, pero hoy es su dueño. La naturaleza diabólica del títere le empuja a ocupar el puesto de su creador (Lucifer). Si ustedes se fijan, hasta en la expresión del pelele más tosco se advierte ese instinto de autonomía, ese afán por seducir que tanto gusta e inquieta al respetable. Entre los mejores artistas sale tarde o temprano a relucir este conflicto de intereses con sus monigotes.

Al principio de la legislatura, la Conferencia Episcopal parecía un eco político del PP. Un monseñor Rouco como de medio metro, ataviado con las ropas de colores propias de su rango, aparecía sentado en los muslos de Rajoy, que lo manipulaba por la espalda con la habilidad de un artista ducho en la materia. Rouco se limitaba entonces a ampliar el mensaje de su dueño con la gracia y el desparpajo que le faltaban a él. Mas de repente, como suceden estas cosas, el muñeco devino en persona y ahora es un Rajoy de madera el que aparece sentado sobre las rodillas de Rouco, obligado a decir cosas sobre el aborto, el divorcio o el matrimonio que ponen en evidencia a su partido. El debate entre Zapatero y Rajoy (si finalmente se ponen de acuerdo) promete mucho, no decimos que no, pero lo que pulverizaría todas las marcas de audiencia conocidas sería un encuentro televisivo entre Rajoy y Rouco (o entre Zaplana y monseñor Camino). Hay un problema: quizá no se pusieran de acuerdo en quién debería aparecer en las rodillas de quién".

Estou con ^^Zapatero^^


ESTOU CON ZAPATERO.

E coma min, son moitas as persoas que están a depositar a sua confianZa nel. Entre eles atópanse rostros de todos coñecidos como Sabina, Serrat, Miguel Bosé ou Concha Velasco, caras visibles da
Plataforma de Apoyo a Zapatero Plataforma PAZ, integrada por máis de dous mil cidadáns e que se presentará mañá en Madrid, coa lectura do manifesto "Defender la alegría".

Dí Sabina na sua columna semanal en
Interviu "La llama de Llamazares/me llama, pero, hoy por hoy/urge frenar a Rajoy/con votos más populares".

Tal e como amosan tódalas enquisas dos últimos anos, en España somos máis os de esquerdas, pero o feito de que a ley d'Hont perxudica as minorías, implica que non todos os votos se traduzan en escaños. Nunhas eleccións que se presentan tan axustadas, só temos dúas opcións: PP ou PSOE. Eu xa elixín a miña fai tempo, e ti?



lunes, 4 de febrero de 2008

En democracia non mandan os poderosos...

... en democracia é o pobo o que ten a última palabra.

Xa sabedes, o vindeiro 9 de marzo todos nos temos nas nosas mans a posibilidade de elexir como queremos que sexa o noso futuro.

Eu son das que penso que
ahora que avanzamos, por qué retroceder.

sábado, 2 de febrero de 2008

O meu avó


A min, o de ser roxa, venme de familia. Con catro avós socialistas, non me quedaba outra que seguir o mesmo camiño...

Hoxe vou falar do meu avó Antonio, o pai da miña nai (o primeiro pola dereita, na foto). Vivía en Meira, e alí exerceu toda a sua vida de avogado.

Del podería dicir moitas cousas, pero quédome coa que máis me gusta: o meu avó era un home de paz. De feito, pese á súa profesión, non lle gustaban nadiña os preitos. Era dos que pensaba que unha boa conversa podía solucionar a maior parte dos problemas.

Aínda que morreu cando eu tiña so oito anos, creo que non erro se digo que foi unha das persoas que máis profundamente marcou a miña vida. Xa de pequerrechiña, cando me preguntaban que quería ser de maior, contestaba sen dubidar que eu ía ser avogada, como o meu avó, porque o meu avó lles contaba contos ós señores e os señores lle daban pesetas (non estaba mal a miña definición da avogacía...). E aqui me tedes, vinte anos máis tarde, Licenciada en Dereito.

Pero, ó meu avó non so lle debo a minha profesión, tamén lle debo os meus primeiros contactos coa política. Lembro as ceas dos sábados, o seu carón, vendo na tele o Informe Semanal, escoitandolle falar co meu pai do que facía Felipe ou do que dicía Guerra, lembro as súas conversas co meu tio Martín, outro socialista convencido, e por enriba de todo, lembro as historias que me contaba da Guerra, de cando as pulgas lles movían as mantas, do Franquismo que veu despois, de como o seguía a Garda Civil cando ía a Lugo, de cando lle suspenderon as oposicións de Xuiz por non adicto ó Réxime, de cando se escondía debaixo das mantas para poder escoitar a Radio Pirenaica...

Ainda que xa nacín na Democracia, cada vez que se achegan as eleccións, intento non esquecerme do difícil que debe ser non poder expresar libremente o que pensas. Somos afortunados, non sabemos cánto.

Agora espérame un mes de duro traballo, poñendo o meu pequeno gran de arena para intentar que teñamos de novo un Goberno dos teus, que tamén son os meus. Vai por ti, avó!!

Lede con atención...

Aqui vos deixo unhas declaracións do señor Pizarro, insigne número dous do PP pola provincia de Madrid, recollidas no diario "El Mundo" (como non...) o 21 de marzo de 1994.

" MADRID Manuel Pizarro, propone que el sistema de pensiones español sea semejante al que se está aplicando en Chile, trasvasando la previsión social al ámbito privado.

«La gente se jubila con pensiones superiores a las que recibiría por el sistema público y no dependen de la evolución de la política», afirmó a Servimedia. Este proceso, que significaría una privatización del sistema de pensiones, permitiría que el Estado «concentrara sus esfuerzos en los más necesitados», dijo.

En su opinión, un sistema como éste ha llevado a Chile a que los recursos de los fondos de pensiones representen ya el 36% del PIB. «El equivalente en España -explicó- serían más de 20 billones, con lo que eso supondría para inversiones y financiación de las empresas e infraestructuras»".

Verdade que non teñen desperdicio? Agora xa vedes o que agochan tras de si algunhas máscaras.

E Zapatero bicou a Carmen...




Onte, o socialismo en Ourense viviu unha tarde inesquecible coa visita de Zapatero.

A imaxe fala por si mesma. Un pabillón dos Remedios cheo a rebosar (5.000 persoas, segundo a organización). E os que non se ven, porque foron moit
os os que, ainda que chovía ( e como...), se achegaron os Remedios,e quedaron fora.

Como xa coñeceredes todo o que se dixo onte (para eso están a televisión, a radio e os periódicos), gustaríame falar de un
pequeno detalle do Presidente.

Xusto detrás de min estaba sentada Carmen, a militante mais veterana e máis apaixoada de toda a provincia. Estaba chea de ledicia porque, despois de todas as presas e nervios, o mitin prometía ser un éxito rotundo. Mentras esperabamos a que comezase, pediume que lle dese un bico o Presi da súa parte. Pouco pensaba a miña Carmen que, non mo
itos minutos máis tarde, ía ser ela mesma quen llo dera. Penso que Zapatero se saltou o protocolo porque sabía que así lle recargaba as pilas a persoa que máis pelexou, pelexa e pelexará para conseguir o voto socialista por estas terras. Eche un tipo listo o Zapatero! O certo é que, despois do bico, sinto un pouco de medo... a ver como lle seguimos o ritmo a Carmen esta campaña!!!

Xa para rematar, so me queda formular un desexo... que toda a emoción que se sentiu onte nos Remedios, se traduza en votos o 9 de marzo. Quedanos por diante un longo camiño.