lunes, 11 de agosto de 2008

GRANDE

Mentras somos pequenos soñamos con facernos maiores, pero chega un día en que a realidade nos da unha labazada nas narices y entón comezamos a desexar con tódas-las nosas forzas que, aínda que so sexa por unha vez, as agullas do reloxo xiren noutro sentido.

Acabo de abrir o meu correo e de atoparme coa triste noticia da morte dun compañeiro do colexio nun accidente laboral.

Non é o primeiro amigo que perdo, pero si é o primeiro que morre mentres estaba a facer o seu traballo. Impresionoume o feito da morte dun compañeiro de pupitre (el Grande, eu García), pero aínda o fixo maís a pasividade coa que escoitei o pasado xoves a noticia da morte no traballo dun rapaz de 28 anos na Expo, sen deixar de cear, que se convertiu nun arrepío cando lle puxen nome, apelidos e cara ó finado.

É triste comprobar como nos acostumamos os accidentes laborais e os vemos como algo natural, algo contra o que non se pode loitar. Pero non é certo, temos medios, moitos medios, so hai que poñerlle un pouco de vontade pola nosa parte. Temos que ser mais reivindicativos coa seguridade no traballo, porque tódo-los centos de traballadores que perden a súa vida cada ano teñen familia, teñen amigos, teñen compañeiros de colexio, xente que os quere y os que, coma a min, se lles encheran os ollos de bágoas ao pensar que xa non están connosco.

Un bico moi grande, Hector. Coidate moito alá onde esteas.

No hay comentarios: