jueves, 24 de julio de 2008

As vacas fracas


A aqueles que pensan que tódolos partidos políticos son iguais, recoméndolles que reflexiones sobre o que está a acontecer estes días.

Dende que a crise fixo aparición de novo nas nosas vidas, estamos a presenciar como a dereita se desposúe da súa pel de cordeiro e comeza a amosar os dentes de lobo para comerse a bocados tódolos avances conseguidos na política social ao longo destes últimos catro anos. Eles só pensan en baixar os impostos e tamén o gasto público. Y eso, a quén beneficia? Aos de sempre, aos que poden pagar escolas e universidades privadas para os seús fillos, aos que van a médicos de pago, aos que non lles importa como estean as carreteras porque só viaxan en avión. A eles non lles vai cambiar a vida aínda que as listas de espera na seguridade social aumenten hasta o infinito, nin si se eliminan as bolsas de estudos ou desaparecen as axudas para os dependentes e os seus familiares.

Ao final, nos momentos de apuro, a dereita sempre abandoa aos máis débiles e axuda aos que menos o necesitan. Porque, non vos esquezades, pode que as "super-promotoras" suspendan pagos, pode que se deixen de vender coches, que non se firmen hipotecas, ou que se abran expedientes de regulación de emprego e se despida a centos de traballadores, pero os saldos das contas dos grandes sempre estarán adornados con moitos ceros.

O que si é difícil é saber xestionar ben os orzamentos nos momentos nos que menos se ingresa, que de cotío coinciden cos momentos en que aumentan as necesidades dos que están máis abaixo, dos que non teñen plan de pensións nin seguro sanitario de luxo cunha mutua. Non vale agochar a cabeza debaixo da á, e mirar a outro lado, porque un bo capitán nunca abandoa a súa tripulación no medio dunha tormenta.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Deja la política activa, en el PSOE solo suben los los trepas, no las personas inteligentes como tú.

Anónimo dijo...

Sigo pensando lo mismo, deja la política, ya te ha perjudicando bastante. Y deja a los Zerolos y Baltares,¡que se jodan!. Tú, a lo tuyo,a seguir siendo una persona FENOMENAL. No cambies, por favor.in