miércoles, 30 de julio de 2008

A insolencia dos que máis teñen

Lluís Suñé, concelleiro de ICV, publicou esta foto no seu blog, a modo de protesta polo sistema actual de financiación autonómica.

Pode que o meu xeito se entender as cousas estea influenciado polo feito de que eu vivo nunha das comunidades que reciben fondos, aínda que o que eu penso non é so aplicable á financiación autonómica senon tamén ao pago dos impostos por cada un de nos. Porque eu creo profundamente na solidariedade do sistema tributario español, na solidariedade tanto persoal como territorial. Os que máis teñen (persoas ou territorios) deben pagar máis, para achegar a nosa sociedade a igualdade de oportunidades, algo que polo momento non pasa de ser unha utopía.

É certo que Cataluña aporta máis do que recibe, pero tamén e certo que no seu momento foi unha comunidade privilexiada, nunha parte pola iniciativa dos seús veciños, pero tamén por recibir un trato favorable dos Gobernos. Porque, cánto nos gastamos todos nos Xogos de Barcelona 92?, e, quén recibiu os beneficios?.

Os dirixentes cataláns deben facer un exercicio de humildade, mirar un pouquichiño máis aló do seu embigo, e reflexionar sobre si a súa situación actual é só froito da boa xestión, ou si tamén tivo algo que ver o que recibiron do Estado,

jueves, 24 de julio de 2008

As vacas fracas


A aqueles que pensan que tódolos partidos políticos son iguais, recoméndolles que reflexiones sobre o que está a acontecer estes días.

Dende que a crise fixo aparición de novo nas nosas vidas, estamos a presenciar como a dereita se desposúe da súa pel de cordeiro e comeza a amosar os dentes de lobo para comerse a bocados tódolos avances conseguidos na política social ao longo destes últimos catro anos. Eles só pensan en baixar os impostos e tamén o gasto público. Y eso, a quén beneficia? Aos de sempre, aos que poden pagar escolas e universidades privadas para os seús fillos, aos que van a médicos de pago, aos que non lles importa como estean as carreteras porque só viaxan en avión. A eles non lles vai cambiar a vida aínda que as listas de espera na seguridade social aumenten hasta o infinito, nin si se eliminan as bolsas de estudos ou desaparecen as axudas para os dependentes e os seus familiares.

Ao final, nos momentos de apuro, a dereita sempre abandoa aos máis débiles e axuda aos que menos o necesitan. Porque, non vos esquezades, pode que as "super-promotoras" suspendan pagos, pode que se deixen de vender coches, que non se firmen hipotecas, ou que se abran expedientes de regulación de emprego e se despida a centos de traballadores, pero os saldos das contas dos grandes sempre estarán adornados con moitos ceros.

O que si é difícil é saber xestionar ben os orzamentos nos momentos nos que menos se ingresa, que de cotío coinciden cos momentos en que aumentan as necesidades dos que están máis abaixo, dos que non teñen plan de pensións nin seguro sanitario de luxo cunha mutua. Non vale agochar a cabeza debaixo da á, e mirar a outro lado, porque un bo capitán nunca abandoa a súa tripulación no medio dunha tormenta.